Benxamín mira as nubes. Gústalle miralas. Tamén lle gusta a beleza da luz pousada, e das flores. O que contan as mans, as maneiras diferentes de dicir. Ou os pequenos asombros. Ás veces intenta gardar esas maxias do cotián nalgunha fotografía ou nunha música. E xogar.