🔗 ⚙️

Sede from Erosión by Chicharrón

Tracklist
9.Sede3:11
Lyrics

Néboa salgada
aloumiñando as cinzas dunha fogueira
aloumiñando crebas secas
algas e luces brandas
arrefriando o sangue
das súas veas
néboa salgada
aloumiñando en círculos
a nosa pena

ocupando
aos poucos
os espazos
que deixa
a nosa pena

un insecto
buscando a saída
nas ventás
que pecha
a nosa pena

o sol rendéndose
na beira

a nosa pena

pero agora que estás ao meu lado outra vez
xúroche que xamáis espertarei.

Credits
from Erosión, released March 1, 2022
LicenseAll rights reserved.
Tags
Recommendations