🔗 ⚙️

Oasis from Oasis by High Paw ft. Anais Barbier

Tracklist
1.Oasis3:58
Lyrics

Axudaivos de min mozas
en canto estou nesta terra
non sei se volver a outra
e mirar como eu era

Podo notar que nas sesións pouco bailas,
Algo che está a pasar
Anque a túa voz cada vez máis alta se escoita
O teu deserto estase a espallar
Descansa na jaima, na jaima, na jaima
Como queras faina, tes raiba
Descarga e fai con ela galáctico estrume
Se te come hostil
O lume dende hai mil
Tes severa fame
E nin auga che queda no fusil
Ai! Alumeaches, así como verbena
Anque non chames eu ben sei que o precisas


Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…

O teu estado é o que me importa
Desoutro nin che falo, a fala me corta
Non das furado esa mochila
So ti tes a ferramenta
Nada sintetizado,
Quero que me contes a que cheira o pasado
Anque nos dea a noite estoute a escoitar
Choro o teu fado
Os meus ouvidos para ti
So nos queda falar…

Falar, falar, falar , falar
O teu corpo falou, falar hai que falar

Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…

Axudaivos de min mozas
en canto estou nesta terra
non sei se volver a outra
e mirar como eu era

Credits
from Oasis, released June 16, 2021
Lead Vocals by "High Paw"

Chorus by "Anais Barbier"

Produced by "Isi the Observer"

Mixed by "Puppa Shan"

Mastered by "Ojah"
LicenseAll rights reserved.
Tags
Recommendations