🔗 ⚙️

escape libre from memoria nova by Pantis

Tracklist
7.escape libre3:33
Lyrics

Voume facendo máis deforme
en cada mordedura
máis líquido en cada fuxir
en cada borrar
en cada borrar.

foi antes ou foi despois?
cando nos miramos
e algo se rompeu?
queimar un motor
uns días sen aparecer,
volver co corpo en dous
sen voz, sen pel.

foi antes ou foi despois?
cando nos mancamos
e a noite nos lambeu?
coa fame dos buracos
en todos os finais
e volvemos cruzarnos
e volveu esa lus
fomos libres na mañá?
sen cartos po bus,
as ensinanzas do raio azul,
parking e bluetooth.

foi antes ou foi despois?
cando respiramos os nosos pescozos
pero non dixemos nada,
nin gardamos nada,
só vimos vir o día
morrer a borrasca
e miramos, baleiradas.

Credits
from memoria nova, released November 4, 2025
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations