🔗 ⚙️

rectas from memoria nova by Pantis

Tracklist
6.rectas4:09
Lyrics

Machucada coma un coche
que chocou contra a parede
dunha casa que quedou suspendida
no medio da estrada
polas ansias de velocidade
que tamén sinto no meu peito
que tamén vai chocar
chocada contigo
mentres nos cheiramos no polígono.

E a felicidade
é un baile en círculos
na Vía Ptolomeo
roda queimada, roda queimada
ferro quente na cuneta
un eclipse de luces largas
e fume co vento do norte
a humidade dun interior
que nos borra na noite.

Quince son os segundos
que teño para verte
para morderte, para curarte
mentras apodrece
o que deixamos:

Un oco no tempo,
unha cova na noite,
un refuxio con medo
un cheiro familiar
unha tanxente próxima
unha imaxe parada
unha película queimándose
un bico de sangue.

Fumos dar unha volta
e demos cinco.

Moitos cruceiros sen cruces.

Fumos dar unha volta
e demos cinco.

Credits
from memoria nova, released November 4, 2025
LicenseCC BY-NC-SA 3.0. See the Creative Commons website for details.
Tags
Recommendations